Belly

Belly
OrixeNewport, Rhode Island,
Período1991 - 1996
2016 - presente
Xénero(s)rock alternativo, dream pop, jangle pop
Selo(s) discográfico(s)Sire Records, Reprise Records, Warner Bros. Records, 4AD, Belly Touring
MembrosTanya Donelly
Thomas Gorman
Chris Gorman
Gail Greenwood
Antigos membrosFred Abong
Artistas relacionadosL7, Throwing Muses, The Breeders
Na rede
[http://bellyofficial.com/ bellyofficial.com
Facebook: bellytheband Twitter: bellytheband Instagram: bellytheband Bandcamp: bellyofficialSouncloud: bellyofficial Spotify: 3h1HOgVmvPlhqjz8o3LglL Last fm: Belly Musicbrainz: c118bc97-11a7-41dc-a55e-48c3bcf22ac2 Songkick: 478375 Discogs: 92582 Allmusic: mn0000789340 Deezer: 14889 Genius: Belly-band Editar o valor en Wikidata

Belly é unha banda estadounidense de rock alternativo fundado en Rhode Island en 1991 pola antiga membro de Throwing Muses e The Breeders Tanya Donelly. A formación orixinal consistía en Donelly nas voces e na guitarra, Fred Abong no baixo, e os irmáns Tom e Chris Gorman na guitarra e na batería respectivamente.[1] A banda publicou dous álbums durante o estoupido do rock alternativo de principios dos 90 antes de separarse en 1995. Belly reuniuse en 2016 e realizou pequenas xiras polos Estados Unidos e o Reino Unido ese ano.

Os catro membros orixinais coñecéranse no instituto en Aquidneck Island, Rhode Island. Os irmáns Gorman e Abong procedían da escena hardcore de Newport (os Gormans tocaran en Verbal Assault, Abong in Vicious Circle). Donelly anteriormente fora membro de dúas bandas indie baseadas en Boston, Throwing Muses e The Breeders. En 1993 editaron o seu álbum de estrea, Star, e o seu sinxelo principal "Feed the Tree" sería a canción máis exitosa de Belly, chegando ao número 1 da lista da Billboard Modern Rock Tracks e ao 95 da Hot 100. Varios sinxelos máis do disco tamén chegaron á Modern Rock Tracks.

Pouco despois do lanzamento de Star, Abong deixou o grupo e foi substituído por Gail Greenwood. A banda editou o seu segundo álbum, King, a principios de 1995 e separouse a finais dese ano, iniciando Donelly unha longa carreira en solitario. Tanya reformou Belly en 2016[1] coa mesma formación que gravou King, e a banda publicou o seu terceiro álbum, Dove, en 2018.

  1. 1,0 1,1 "90s band Belly announce reunion: new music and tour coming". NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en inglés). 2016-02-09. Consultado o 2020-06-21. 

Developed by StudentB